Ir a contido principal

Pagamento e devolucións

1. Cales son os métodos de pagamento dispoñibles?

Para particulares actualmente só admitimos o pagamento con tarxeta de crédito e débito.

2. Que tarxetas aceptamos?

Aceptamos tanto tarxetas de crédito como de débito. As tarxetas válidas para realizar o pagamento son: visa, visa electron, mastercard, maestro e american express.

Por suposto, tamén poderás realizar os pagamentos coa tarxeta EROSKI club Mastercard, optando por pagar de forma inmediata ou en pagamentos aprazados, dependendo do método que elixises ao contratar a tarxeta.

Non é posible o pagamento dun pedido mediante tarxetas maestro que requiran pin (son as que comezan co número 50)

2.a Que son as tarxetas de EROSKI club Mastercad? Que vantaxes teñen?

As tarxetas de crédito EROSKI son tarxetas visa coas que comprar en EROSKI está cheo de vantaxes.

- Son gratis de por vida.

- Válidas en máis de 24 millóns de establecementos e 1 millón de caixeiros de todo o mundo.

- Podes solicitar diñeiro nas caixas dos hipermercados EROSKI, supermercados EROSKI center e EROSKI city así como en caixeiros automáticos, ata un máximo de 300 € -diarios.

- Financiamentos especiais nas seccións de electrodomésticos, bazar e téxtil dos nosos hipermercados EROSKI.

- Promocións e descontos exclusivos nos nosos establecementos EROSKI.

- Bonificacións e sorteos.

- Dentro e fóra de EROSKI gozarás de flexibles facilidades de pagamento. Ti elixes: pagamento inmediato, mensual ou especial cota fixa.
Se aínda non tes a túa tarxeta e a queres conseguir, pídea gratis aquí

3. É seguro o pagamento en EROSKI online?

En EROSKI online a garantía e o compromiso en materia de seguridade nas transaccións cos clientes foi dende sempre unha das nosas principais prioridades. Por iso, facer a compra na nosa tenda online é a forma máis rápida, cómoda e fiable de encher a neveira sen saír da casa.

O noso sistema de comercio electrónico atópase aloxado nun servidor seguro, cuxa certificación foi obtida e avalada por ace (axencia de certificación electrónica). Deste xeito, todo envío de información confidencial realízase de forma totalmente segura, mediante o sistema avanzado de encriptación de datos ssl (secure socket layer).

4. Podo pagar cunha tarxeta que non estea ao meu nome?

O pedido entregaráselle ao titular da tarxeta empregada para pagar. Por seguridade, no momento da entrega, podémosche solicitar o nif co que te rexistraches e a tarxeta coa que se realizou o pagamento.

Queda baixo a responsabilidade do cliente darlle autorización a un terceiro, sempre maior de idade, para a recepción e sinatura do albará de entrega.

5. Cando se carga o pagamento na conta bancaria?

O pagamento formalízase o mesmo día da entrega do pedido se posteriormente hai algunha devolución de pedido realizarase un aboamento na túa conta.

6. É o mesmo prezo online que nos hipermercados e supermercados?

Os prezos dos produtos do supermercado online son os mesmos que os da tenda dende a que che preparan o teu pedido.

7. Cal é a política de devolucións?

No caso no que non te atopes plenamente satisfeito coa compra realizada, poderás devolver o produto ou produtos, aboando finalmente o importe da compra efectivamente realizada.

Ademais de todo o exposto anteriormente existe o dereito de desistencia e/ou resolución naqueles casos nos que, pola propia natureza dos bens obxecto de adquisición, sexa imposible levala a cabo, sen prexuízo da correspondente reclamación dos danos e prexuízos sufridos.

Como cliente, tes dereito a desistir total ou parcialmente das compras que realices en EROSKI online nun prazo máximo de 14 días naturais sen necesidade de xustificación.

Para exercer o dereito de desistencia, deberás notificar a túa decisión de desistir do contrato a través dunha declaración inequívoca (por exemplo, unha carta enviada por correo postal ou correo electrónico) que deberás dirixir a:

EROSKI, s. Coop.
(nome comercial: EROSKI)
EROSKI onlinebarrio san agustín, s/n
48230 elorrio, bizkaia
tfno: 902.100.441
correo electrónico: compraonline@EROSKI.es
inscrita no folio 1.812, asento 1° do libro de inscrición de sociedades cooperativas e outras agrupacións empresariais do rexistro de cooperativas de euskadi, número de inscrición 2003.0.088.

Poderás empregar o modelo de formulario de desistencia que figura no punto 5 do apartado das condicións xerais do servizo, situada na parte inferior da web.

8. Como devolvo os produtos se non me convencen?

devolucion.text.devolver.parr1

devolucion.text.devolver.parr2

devolucion.text.devolver.parr3

devolucion.text.devolver.parr4

9. Que ocorre se recibo un produto en mal estado?

Contacta co noso servizo de atención ao cliente e explícanos o teu problema. Como podes ler na sección “os nosos compromisos”, nós dámosche total garantía de satisfacción. Podes estar seguro que solucionaremos o teu problema rapidamente.

10. Que ocorre se un produto do meu pedido non está dispoñible na tenda?

Ao igual que cando vas ao hipermercado, hai veces que non temos todos os produtos do noso catálogo, pero non por iso vas quedar sen o que querías. Se no momento de preparar o teu pedido hai algún produto que non está dispoñible, substituímolo por outro similar, de calidade igual ou superior, ao non ser que nos indiques o contrario. No caso no que algún alimento fresco que seleccionaches non estea dispoñible nas nosas tendas e non teñamos un de similares características, chamarémoste para facerte unha proposta e informarémoste do novo custo.

11. Puc demanar la factura electrònica?

Ao entregarche o pedido tamén se che entrega o albará cos datos do pedido, se precisas factura para declarar o IVE como autónomo ou empresa, ao realizar o pedido na pantalla de confirmación do mesmo preguntarache se queres factura e enviaráseche como adxunto unha factura co IVE desagregado.

Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso y medición de la web con el fin de mejorar tu experiencia de compra. Si continuas navegando, consideramos que aceptas su uso. Puedes cambiar la configuración u obtener más información aquí.

XCerrar aviso de cookies